O PSdeG reivindica o seu feminismo e critica a falta de paridade do novo goberno de Rueda

Foi na entrega do Premio Maruja Vázquez a dúas futbolistas galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2024

O PSdeG fixo entrega este sábado do V Premio de Igualdade Maruja Vázquez, que nesta edición recoñeceu ás futbolistas Verónica Boquete e Paula Dapena para pór o foco na "revolución" no mundo do fútbol e en mulleres deste deporte que "deron a cara para defender a igualdade, converténdose en exemplos e referentes para outras mulleres".

No acto, celebrado no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela, e ao que non puido acudir Vero Boquete por atoparse en Italia, a secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, quixo destacar que este premio mantén unha dobre función: reivindicar a figura de Maruja Vázquez, mestra republicana e socialista asasinada os franquistas ao comezo da Guerra Civil, e recoñecer a mulleres do presente.

"Seguimos sendo perigosisimas as feministas que defendemos a igualdade. Maruja morreu por perigosa. Seguimos sufrindo desigualdades e discriminacións todos os días da nosa vida. Cada día seguímonos atopando con duros obstáculos", afirmou. Ademais, Fraga lanzou "unha mensaxe de esperanza" e de "loita imprescindible", pero pediu ás mulleres "non relaxarse". 

Paula Dapena, ademais de agradecer ao PSdeG este recoñecemento, mostrou o seu orgullo por recibir este premio xunto a unha dos seus "referentes", Vero Boquete. Así mesmo, sinalou que fai catro anos tivo "a sorte ou a desgraza" de que o seu xesto "dese a volta ao mundo". Referiase a súa decisión de dar as costas durante un partido en homenaxe a Maradona polos seus valores machistas. "Eu simplemente fíxeno porque era o que consideraba correcto, era fiel aos meus valores, aos meus principios, e quería darlle o seu minuto de silencio a esas mulleres ás que se lles negou o 25N ese mesmo ano", explicou.

BESTEIRO CRITICA O EXECUTIVO DE RUEDA

Para concluír o acto, o secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, interveu reivindicando o feminismo dos socialistas e con críticas ao novo Executivo conformado por Alfonso Rueda por non ser "un goberno paritario".

"As cifras marcan a diferenza na forma de facer política duns e doutros", subliñou antes de enumerar outras circunstancias nas que as mulleres manteñen "unha loita constante", como a igualdade salarial ou a violencia de xénero. Con todo, tras destacar a traxectoria e o activismo feminista das premiadas, Besteiro celebrou que esta "loita constante" realícese "con moito optimismo e alegría".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Vivindo así calquera pode ser Raiña do Feminismo https://flic.kr/p/fceQS7 Nótase a loita pola igualdade dende que puxo o pé en Toralla e o peor é que moitas mulleres cren nela... Amén


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fai entrega a Paula Dapena do Premio Maruja Vázquez / PSdeG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.